Back to Top
XuntaEu Screenshot 0
XuntaEu Screenshot 1
XuntaEu Screenshot 2
XuntaEu Screenshot 3
Free website generator for mobile apps; privacy policy, app-ads.txt support and more... AppPage.net

About XuntaEu

XuntaEu é unha app para axudar a relacionarnos coa administración electrónica da Xunta de Galicia.

Permite recibir avisos personalizados, xestionar usuario de Chave365 (cambiar clave de acceso, renovar, modificar teléfono móbil ou darse de baixa) ou consultar expedientes e presentacións igual que na sede electrónica.

Tamén permite consultar citas coa Administración, a verificación de documentos electrónicos firmados, e a consulta e modificación dos datos de contacto, dirección etc. da Carpeta Cidadá.

XuntaEu ademáis permite a consulta de apoderamentos recibidos e outorgados, aceptar ou rexeitar notificacións do Sistema de Notificacións de Galicia (notifica.gal), así como consultar tarxetas e certificados persoais como poden ser:
— Carné xove
— Carné profesional de operador/a de guindastre móbil autopropulsada
— Carné profesional de operador/a de guindastre torre
— Carné profesional en instalacións térmicas de edificios
— Certificado de habilitacións profesionais

Facilita ter sempre dispoñibles as tarxetas persoais no teléfono móbil. Estas conteñen un código QR que permitirá a súa validación por terceiros. Tamén ofrece a posibilidade de cargar dita tarxeta nun wallet xenérico no dispositivo.

A autenticación na app será mediante usuario e clave de Chave365. Durante o primeiro acceso recibirase un código PIN por SMS que deberá indicarse na app para confirmar que se trata dun dispositivo de confianza.

XuntaEu poderá acceder a ligazóns de contidos e aplicacións de terceiros na internet para proporcionar información e servizos relacionados coa aplicación.

XuntaEu poderá ter acceso de lectura e escritura ao almacenamento no dispositivo para ler e escribir arquivos, fotos, vídeos e audio. Os devanditos permisos son necesarios para poder descargar, abrir e visualizar certificados ou pkpass.

Condicións de uso: https://www.xunta.gal/xuntaeu/condicions-de-uso
Política de privacidade: https://www.xunta.gal/xuntaeu/politica-de-privacidade

Similar Apps

Way of St. James in Galicia

Way of St. James in Galicia

0.0

Part of the Smart Camino project, it is designed to be your...

Pescreativa

Pescreativa

0.0

Aplicación que permite a consulta das licenzas de pesca marítima de recreo...

Euro-Rexión

Euro-Rexión

0.0

Do you want to travel to Galicia and Northern Portugal? With the...

Gaiás Cidade da Cultura

Gaiás Cidade da Cultura

0.0

A axenda interactiva da Cidade da Cultura de Galicia, para axudar aos...

O Camiño en Vigo.Non te perdas

O Camiño en Vigo.Non te perdas

0.0

Download the app and continue the Camino through the city of Vigo....

Museo das Peregrinacións

Museo das Peregrinacións

0.0

This application makes the visit easier for the exhibition of the Museum...